Wednesday 12 November 2014

EIQUÍ CHEIRA Á CAN

Vai ser que a suxerencia de Javier da semana pasada non era tan tola. Estabamos á falar do derradeiro móvil que me robaran na rua Blanquerna a principios de outobro, cando dixo: “Seica és moi despistada ou alguén anda a seguirte”.

Hoxe cheguei moi cedo á casa dun dos meus alumnos. Entón non me sorprendeu que ninguén contestase ó porteiro cando chamei por primeira vez. Xa ia chamar de novo cando viu un rapaz de vinte anos mais ou menos, dun metro oitenta, barba escura e bigote espeso, ben cortado (igual co cabelo), con ollos grandes, pretos. O rapaz colocouse diante da porta de entrada e tentou empurra-la. Afastei-me e, por suposto, non voltei chamar ó porteiro.

-          Seica non tés pensado abrir? – díxome

-          E que non teño chave.

-          Seica non vives eiquí?

-          Pois non – respondín.

-          Son o veciño do primeiro. Estiven con esta muller que vive no segundo. Una muller vella...

-          Unha muller vella...?

-          Sí, ben, e que pra mín é vella. Terá perto de trinta e seis. Ten fillos. Díxome que viñera correndo pra te avisar, porque tivemos que leva-la nena ó hospital, que púxose mala. Díxome: vai pra Luisa e dille... porque tí chamaste Luisa, non si?

Cando dixo o meu nome, a historia escomenzou ter una credibilidade da que denantes carecera.

-          Sí, díxome que fora mercar a mediciña pra nena, que a precisa con urxencia. Que vaias á farmacia á merca-la.

-          Que eu vaia á farmacia pra merca-la mediciña?

-          Sí... ou podo ir eu mesmo... pero costa vinte euros. Ela díxome que mos deixaras, que xa che os devolve cando veña.

Casualmente non levaba cartos. Algo que sempre foi a miña característica, dende nena.

-          Escoita: eu teño dez euros... si me deixas outros dez xa me chega.

-          E que non levo cartos.

 
Entón, o rapaz suxeriu que fose ó banco pra saca-lo diñeiro. Mais concretamente, nombrou a entidade financieira ca que teño costume de traballar e pediume que fora pra aló. Nise intre decidín que non me gustaba o rapaz e voltei pra miña casa, montada na miña bicicleta, que deixara aparcada na rua Blanquerna.

A mai dos nenos confirmou a falsidade da historia contada polo rapaz. E, por suposto, eu fun poñer una denuncia na policía.
 


No comments:

Post a Comment