Wednesday 6 July 2016

ENCONTRO INESPERADO



Frido afastou a cortina da ducha para limpa-lo desagüe. Unha muller magra, pálida, cun moño raro na testa, estaba alí, de pé sobor do prato da ducha.

-          Qué é o que estás a facer eiqui?

-          Qué fas TI eiqui. Iste é o garda-roupa de mulleres.

Ela enrolou a toalla na cintura, sobor da roupa interior, co bra estreito atado detrás, nas costas: vello, desgastado. Facía alguns anos que o peche se soltara de todo nunha viaxe na máquina lavadora. Votou unha ollada as chanclas, que estaban totalmente secas.

-          Sempre tomas o baño sen auga? – preguntou Frido.

Ela tiña entrado na ducha somentes para cantar a gusto. Caro nome. Coidaba que ninguén a escoitaría. Eran as tres da tarde e o garda-roupa estaba baleiro. Ese tempo anodino do día no que Frido facía a limpeza.

Ela falaba sen parar. Él a observaba con curiosidade dende as súas roupas negras, namentres enrolaba un cable. Cunha camisola con pescozo, a pesares da calor. A luz baixaba direitamente dende a claraboia. Ben no medio, un banco escuro con perchas enriba. No chan, alfombras azules de plástico. Ela estaba de fronte para o espello, doutro lado dos bancos.

Esa saia que levas transparece.

Pois lévase así.

Nembargantes, fai falla una combinación

Púxose a camisola rosa, mentres seguía a falar. As súas historias doutros mundos mecían dun xeito extraño a rutina de Frido. Ficaron a falar no vestiario ata que se decataron de que estaba escuro.

Deica mañá.

A viu sair e non se atreveu dicir nada. Ela baixou as escaleiras e saíu.

A rapaza nova, esa rara. A da saia e as chanclas.

Ninguen vira a nova, nin a sua saia nin as súas chanclas. Ninguén, agás Frido.

Mañán vira, ides ver. Mañán virá e a ides ver. Mañán vira…

Foi para fóra da porta, como chamando ó día seguinte. “Mañán virá. Mañán virá…”


Voltou quince anos máis tarde.


http://www.fernandezbaladron.com/

Tuesday 29 March 2016

AS 100 PALABRAS GALEGAS PARA DESIGNAR A CHOIVA





Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo,  Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina, Treboada, Torboada, Torbón, Trebón, Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba, Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar, Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina...
 
Seica alguén coñece unha lingua con mais verbas pra nomea-la choiva?