Thursday 7 May 2015

A CLASE MEDIA

Un conhecido viu reunirse con alguns colegas despois de longo tempo. Estaban a resolver os problemas do mundo a carón dunha cervexa, cando o grupo comezou falar das futuras eleccións. Fai dous anos que o companheiro decidiu non ler máis os xornais. Dende a sua cadeira, o amigo do que os falo observaba a conversa como si fose un xogo de ping-pong.
 
Que si corrupción, que si economía. Algún deles chegou dicir que a clase media estaba a pagar os costes da alta e mais da baixa. Vindo que o noso companheiro non falaba, outro amigo de seu preguntou se iso tamén acontecía noutros países.
 
O noso amigo comentoume máis tarde que a situación é bastante semellante en todas partes. Está convencido de que os políticos xamais van resolver ren porque non son eles os que mandan. Coida que, quen manda e dispón é abofé o un por cento de población que ten o 99% de los recursos mondiais. Un por cento case anónimo que, o contrario que Belén Esteban, non ven todos os días a ferirnos co látigo das suas catastróficas operacións de cirurxía estética. É o goberno da minoría o que fai que a situación continúa sendo a mesma,  calquera que sexa a cor do goberno no poder.
 
Unha clase media que financia á sociedade, dis? – comentaba o noso amigo – Pero, que entendes tí por clase media? Seica os mileuristas son clase media? Coidas que é o mismo ser de clase media que ganhar o que ganha a media? E, quen coidas tí que son os probes? Seica os probes son os que se sentan a pedir à porta do Mercadona? Coidas que son esas mulleres do pano na testa e o acento dalgún país do leste, ás que “descarga” cada día unha furgoneta nas avenidas?
 
Vivimos anestesiados polo traballo e o noso berce son a televisión e máis o ordenhador. Si Carlos Marx erguese a testa probablemente diría que o Twitter é o opio do pobo. En todas partes hai narguiles pra distraer o sufrimento.
 
O meu amigo ten a certeza de que os problemas de hoxe en día so poden ser resoltos cunha revolución... nembargantes confesa que a idea dunha revolución dalle preguiza e que, cando chega a casa despóis dun día de traballo, a única revolución que quere é a que monta na sua cocinha pra imitar a Carlos Arguiñano.
 
Qué lle imos facer? A rebeldía adoitaba ser cousa adolescente, e os xovenes dagora xa non se rebelan. Excepto cando se lles quita o Whatsapp.