Saturday 1 November 2014

VIOLANDO ÁS REGRAS


Hoxe ten sido un día trafulhado: levanteime cedo pra atopar un novo alumno. Quen quera atopar un novo fichaxe e non conte cos fondos do Real Madrid só ten a opción seguinte: repartir folletos impresos co proprio PC ás portas dos colexios de Palma. Baixei o “Carrer del Socors” pra comprer co meu obxectivo, poñéndome, así, ó marxe da legalidade palmesana. Norma que nunca violaría un decente deputado de salario honesto.

Púxenme diante da porta do colexio, nun punto discreto, tentando molestar o mínimo.

-          Bos días! – Dígolle ó pai que acompaña ó seu fillo cun sorriso, mentres lle dou o trangresor panfleto co meu brazo culpable.

Pra empeorar a situación, agora tenlles dado ós do Axuntamento por poñer policías á porta de cada escola que garantan que os nenos atravesan a rúa polo paso de peóns e que os automóviles paran cando os nenos cruzan. Isto é totalmente benvido, pero subliña moitísimo cando un está fora da lei.

A miña actitute malhechora foi un simparar: fun dar clases sin telas preparado, despois de loitar con cuestións diversas e sin ter dormido dabondo. Coma unha Carrapuchiña camiñando polo bosque.

De socarro recibín unha chamada da dirección da escola, informándome de que tería un control de rutina na clase dos pequenos de hoxe pola tarde. Foi coma un couce nun ortello. Prepara-la clase dos nenos leva un mundo de tempo: todas elas esixen unha morea de xogos e contos repensados. E, tendo outras clases durante o día, só puden trazar un diagrama e baixar algunhas fotos de Internet. Fotos que emprego pra introduci-lo vocabulario, engadindo o nome con Picassa. O resultado, por suposto, era previsible: mal, mal, mal... dixo en termos algo máis británicos. Pra empeora-la situación, nomei à unha rapaza por un nome que non era o seu. Cousa da que non me lembro. Pode ser que o teña feito inconscientemente, cumprindo co que xa é unha tradición na familia da miña mai: chamar cada neno polo nome de calquera outra persoa, deica ter nomeado todos os demáis. O nome correcto é, por suposto, o derradeiro que un dí (Pablodigocarlosdigorafadigogalidigoluisa). Gañei unhas boas labazadas, pegadas polo bastón de papel maché do popular heroe to traxe gualdo.

Con orellas de abano subín á miña bicicleta para dar a derradeira clase do día no centro das Avenidas. E, aínda baixo a influencia do veredicto marchei a casa a pé, coma o resto dos mortáis sen dúas rodas, sen lembrarme da bicicleta, que aínda estaba sobre a rúa.

Xa na casa decidín apadriñarme e facer un balance moi diferente do meu proprio día. Hoxe traballei no mantemento (limpando a casa), nas artes gráficas (preparación dos folletos), no marketing directo (entregando folletos nas escolas, acompañados de sorrisos e axudando as nais a entrar no colexio cos carros dos bebés), na administración e na segredaría (atención de chamadas e reorganización dos compromisos que xa tiña para poder participar nunha reunión de docentes mañán pola tarde), en velocipedismo (recorrido da cidade en bicicleta, incluíndo a zona fronteiriza de Son Fuster), psicoloxía (aturar ós estudantes queixosos que sempre se lamentan). Por si fose pouco, teño dado cinco horas e media de clase. Así que brindo por min.

E, como decíamos cando xogabamos ó “quedas”, brindo tamén polos meus amigos.
 
Engado unha foto do 2009 pra o "throw back Thursday" e vou pitando a busca-la bici.
 



No comments:

Post a Comment