Saturday 1 November 2014

O SITIO PERFECTO


Te deitas sobre á area, aínda coas roupas, descalzo, de calquera xeito. Fora modas de praia; fora turistas de agosto, vidas perfectas, persoas intelixentes. Ó “Molinar” non lle importa o teu aspecto nin a túa idade.

O paradoxo é que iste lugar ten sido mercado polos ricos e aínda é empregado polos probes. Quen mercou estos apartamentos cativos e precarios (agora millonarios) non atopará doado recupera-lo que foi invertido: non é doado aluga-los por un prezo alto e tampouco vende-los a prezo de ouro. Quen pode pagar eses prezos non acepta vivir nun lugar pequeno. Por conseguinte, mentres que os nosos estadistas non resolvan poñerlle portas ó mar, iste é o noso lugar para recuperarnos do resto do día, da semana: no afastado xardín da nosa casa. Esa casa na que pechamos a porta de fora e abrimos ás do interior; onde ren nos afecta.

Mañá comenza unha nova loita. E cicáis tamén a intención dos homes públicos de devastar “El Molinar” cun porto tan grande como innecesario. Pero hoxe, a conquista é nosa. Aínda temos “Molinar” para patiñar, nadar, camiñar e aproveita-lo paseo en bicicleta.




 

No comments:

Post a Comment