Saturday 1 November 2014

A EXPERIENCIA VINTAGE

Despois da instalación do ADSL tocaba a quenda á compra dun teléfono. Onte, cado cheguei a casa, comencei facer chamadas nacionais. Coa miña axenda na man, fun chamando ós que puden, deica xa era tarde de máis pra chamar unha casa de honesta. Foi como naquel reclamo, fai dez anos, no que un rapaz impertinente apoderarse do teléfono da familia:

-          Ola! Son Edu! Bo Nadal!

Son as cousas da taxa fixa. Foi unha experiencia “vintage”, disas que se levan tanto agora. Como entrar nun baúl cheo de memorias. Ás vegadas tiña un pouco de vergoña. “¿Lembraste de min...? Qué foi de ti... dende aquela? Redescobrín unha morea de nomes que esquencera na miña axenda fai tempo por falta dun móbil ou de Facebook. De calquera xeito, decateime de que moi poucos contan xa cun teléfono fixo. E moitos números xa non están máis en uso.

Comencei a preparar a neveira pra futuras visitas. Como unha avoa dos anos setenta: lembrando o que lle gusta a cada quen. E mercando cousas que ofrecer ós amigos.

O meu obxectivo agora é facer novos alumnos: dez máis antes de fin de ano. Imos aló. Comenza a conta atrás.







 

No comments:

Post a Comment