Saturday 1 November 2014

A APERTA DA INDEPENDENCIA


Xa estou sentada no meu apartamento, coas bolsas e caixas aínda medio desfeitas. A miña amiga dúas rodas aparcada no portal, amarrada ó pasamáns cun deses cadeados de catro quilos. Levando e traendo; cos restos da fibra óptica por tras da vasoira, inda sen recoller, non sei si por superstición celta de non varrer pola noite ou por simple “cansancius vulgaris”.

Por primeira vez na miña mocidade de taitantos teño a miña propria liña ADSL pra min soa. Meto a clave no computador; pecho a porte de fora e deixo abertas todas as de dentro; abro as festras a gusto e sen cortiñas: quen non quera ver que mire pra outro lado. Corto a cebola sobor dunha tabla nova e cun coitelo afiado mentras teño o computador perto de min. Escoito ós alemáns de Mallorca Insel Radio falar diso que eles chaman noticias; unha cunca de té. Libre.

Onte, antes de entrar na clase dos nenos pequenos, un deles deume unha aperta espontánea. E alí foron os outros: a imitar ó primeiro. En uns segundos estaba rodeada dun metro de nenos de seis a oito anos.

Cando tiñamos que marchar, un deles non quería ir.

-          Eu o paso moi ben eiquí.

Hoxe regaláronme os seus primeiros debuxos. Eses nos que pai escríbese sen acento e daddy cunha soia “d”. E agora os comparto con vosco.
 
 











No comments:

Post a Comment