Saturday 1 November 2014

O MILLOR DE MALLORCA

Xa mo dixeran fai anos, cando vin por primeira vez a Palma, motio antes de vivir en Frankfurt e Berna: o que ven á illa, fica na illa. Non sei o que ten, pero deica os vagabundos votamos raigame nela.

Sexa como sexa, nun primeiro intre é difícil adaptarse. O carácter destas terras é ben diferente ó do resto de España: a xente é tranquila, non ten présa, non se axita; son mais quedos que os de outros lugares. Teño moitos amigos en Mallorca, pero case todos son forasteiros. Poucos maiorquíns abren as portas da súa casa. E por iso todos chegamos á illa bufando.

Pero axiña comenzas a toma-lo sol; probas isa salada de tomates, cebolas e pimentos que poñen con todo; faste ó costume de sair á rúa de calquera xeito, sen que ninguén se sorprenda da túa pinta, por moi rara que ista sexa. Faste á tranquilidade, ó poder sair á rua a calquera hora do día ou da noite; a poder ir en bicicleta a todas partes sen mais contratempo que un axente local que che chama a atención por andar coa bicicleta sobor da calzada. E cando te decatas xa es un adicto máis ó Mediterraneo.

Dende eiqui, moitas grazas á Mallorca e ós mallorquins. Sondes uns mestres do saber vivir.


 
 
 

 
 

No comments:

Post a Comment