Tuesday 6 January 2015

O MENDICANTE EXECUTIVO

Pois así é: ista mañá, cando andaba a correr pra facer algunhas copias do material pra os meus alumnos, atopei-no sentado na Praza de españa, contra as escaleiras mecánicas da estación do tren. Co seu uniforme de traballo, unha cuberta enrrugada ó seu carón e co seu cartel de publicidade: “sonche-un-probe-home-que-ten-5-fillos-fai-favor-de-me-alludar”. E quixo a casualidade que o vira  no momento do “recreo”, nise intre no que os funcionarios toman as once: estaba a fuma-lo seu cigarro e a falar de negocios co seu teléfono móbil de derradeira xeneración. Inconscientemente votei unha ollada ós seus zapatos. E sí, eran millores e máis novos que os meus.

A nosa sociedade fai negocio de calquera cousa: mesmo do feito de envellecer. Calquera cousa vale: un experto en marketing é capaz de disfrazar de amabel o máis detestabel. Abofé que isto é facer virtude da necesidade.

A desfachatez non é cousa nova. Xa en 2004, cando aínda vivía en Frankfurt, un amigo díxome que isa mañá vira unha furgoneta “descargando” os mendicantes de Konstablerwache e colocando-os, un por un, nas súas posicións de “traballo” respeitivas. O seu testemuño explicaba cómo persoas totalmente impedidas chegaban puntualmente cada día à mesma posición e retirábanse en canto pechaban as tendas.

Non é preciso saír das nosas fronteiras. Os que nalgún intre das nosas vidas tivemos a sorte de vivir en Madrid escoitamos o mesmo discurso e a mesma selección musical de cada un dos “sen teito” que viñeron a mendigar ó tren. Un discurso memorizado e acompañado dun bo aparato de música, con altofalantes e “sound-in-a-band”.

E velaiquí que, que mesmo cando estaba a reflectir sobor da profesionalización da mendicidade, aparez un dos máis asiduos. Un home alto, fraco, de cabelo preto, duns cincuenta e poucos anos que sempre anda a pedir unha “axudeta” de forma agresiva, intimidando e propiñando insultos a quen non lle da os cartos que pide.

-          Una axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda...

E, lembrándome do héroe da bicicleta, respondin-lle ca mesma moneda:

-          Axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min...

Ó mendigo entroulle tremendo ataque de risa.

E, con isto de un biscoito, deica mañá ás oito.

Unha aperta dende Palma

 
 

 

 
 

 

No comments:

Post a Comment