Tuesday 6 January 2015

UNHA CUNCA DE CHÁ

De pequenos estaba prohibido. Daquela, os nenos non tomaban excitantes. Isto incluía ó chá, ó café e todas isas bebidas de cola. Ós nenos Fanta de laxanxa – despóis chegaría a “Mirinda”, mais non duraría moito-. O chá nin cheira-lo.

Nembargantes, no verán chegaba a Tía Laura, e con ela o chá, as rosquinhas de café con leite e os doces da “Violeta”. Preparaba un pote enorme e dabanos un pouco a cada quen, servindo nas nosas cuncas direitamente da súa. Inda en pijama, subiamos nun banquinho para acadar candansua cunca transparente. E fuxiamos segredamente do carto da Tía Laura co chá na man.

Hoxe foi un día chuvioso. Un daqueles fríos típicos do norte. Cando vin a choiva preferín deixa-la bicicleta e ir en metro pra poder levar un paraugas. Aínda así, cando voltei à casa, a chuva caía a traverso dos meus tacóns. E foi entón que, con ese sentimento de corpo engurrado polo frío, veu a ducha quente, a toalla grande e o pantalón de flanela; unha manta, o pescozo envolto nun chal e o cheiro de colonia.

Collín a cunca coas dúas mans, quentando a cara co cheiro da framboesa. E sentei na miña cadeira favorita, escoitando RY X e disfrutando, unha vegada máis, da tregua da casa. Que entre o martes a golpe de brevaxe.

Unha aperta dende Palma.





No comments:

Post a Comment