Tuesday 6 January 2015

O PODER DA FARMACIA

Pero qué bon xuízo o teu Antonio Ontiveros! Foi fai uns días, cando falaba da miña carta ó Papá Noel: 

“Non é preciso rexeita-las avantaxes, pero cando tés dor só pensas en estar bo”.

Na noite do vintecinco unha otite fíxome lembra-lo que é a dor e pra que sirven as menciñas. En canto o boticario puxo o medicamento na miña man corrín a casa pra devora-lo coa ansiedade do maior adicto. Fiquei dormida, enrolada en mantas e recuperando todo o sono que perdera na noite anterior.

E cando despertei, a dor desaparecera. Tería bicado os pés do que inventou  os sedantes, e mesmo a túnica noxenta do primeiro que triturou a fórmula nun almofariz.

A miña maior gratitude a todos aqueles que deixan as súas horas e días na procura dun remedio contra a enfermidade. A miúdo, a avaricia das grandes empresas farmacéuticas desmanga o seu traballo. Pero o negocio e a vocación aínda son cousas distintas.

 
 
 
 
 
 
 

 

No comments:

Post a Comment