Tuesday 6 January 2015

CARTA Ó PAPÁ NOEL

Ós nenos lles amola repetir palabras. Por iso, cando atopamos unha difícil, transformámola en contrasinal para a clase seguinte. Apunto-lles ós ollos coa linterna que leva o meu bolígrafo (regalo do Sr. Meyer durante a minha época en “Es Fangar”) e dígolles: “contrasinal pra o próximo día”. E logo a palabra máis longa que podo lembrar nise intre: hot-air balloon, rollerskating, fire engine.

Os nenos lles encanta. Tanto é así que agora fagolles aprender inda frases enteiras, como: “I like oranges”, “fruit is healthy” o “apples are crunchy”. A nosa contrasinal de hoxe é “a letter to Santa”, xa que temos pensado escribir á versión rechoncha de San Nicolás de Bari que se sacara da manga fai algún tempo certo refresco de cola.

O ambiente levou-me a escribi-la miña propia carta. E non unha distas cartas tipo “Miss Universo” en tempos de elección (pido pola paaaaaz do mundooooo), senon unha lista infantil de peticións que deixe seco ó pozo dos desexos. Quero isto, e isto, e isto, e isto, e isto...

É un pracer contar cos fondos do Banco Europeo en tempos de bonanza, aínda que só sexa na carta ó Papa Noel. Postos a pedir, inda pedín un helicóptero pra ir de cando en vez á península

De feito, sonhar e gratis. Por qué non iamos facelo de cando en vez?

Unha aperta dende Palma.

 
 
 

 

 

No comments:

Post a Comment