Tuesday 6 January 2015

A BANDA DO XUSTICIEIRO

Hoxe remata unha hebdómada custosa.

Na séptima feira pasada fun a ensinar a Sa Vileta na miña bici e o frío atravesoume o peito deica os meus pulmóns. O luns xa tiña un arrefriado. Facía VINTE anos que non collía un. E así, co nariz entupido, fun facendo fronte ás clases da semana.

Na derradeira lección do luns (unha privada pra unha rapaza de quince anos), irrompiu o padrasto de vintesete anos, propinando sutilezas e esixindo unha explicación porque a moza ainda non aprobara ó inglés. O certo é que a mai da rapaza cambiouna de escola iste mesmo ano, e o nivel de inglés da nova institución está dez veces por enriba da testa da moza e de toda a sua familia. Agora, a nena precisa urxentemente de máis de trescentas horas de clase pra poñerse ó día. En troques diso, a familia decidiu “axuda-la” cunha hora de clase particular á semana. Fai máis dun mes que informei disto á mai, quen prometeu estudia-lo tema. E velaiquí que, cando xa parecía que o tema se esquencera, entra en acción o seu novo e ben feitiño segundo marido.

Un coñecido ten o costume de cantarolar un paso doble sempre que alguén intenta provocalo. E canto maior sexa o aldraxe, máis fote cantarola. Estaba tan absorta lembrando o coñecido que o meu pensamento bateu involuntariamente na porta da “Banda do Xusticieiro”: unha banda composta por un trompeta, un violinista e un ex-reno de Papá Noel ó que apousentaran fai anos por certos problemas intestinais que lle causaban unha aerofaxia abraiante. Pudolf, o reno máis peideiro, goza agora da súa xubilación musical mentres abraia ós fans da orquestra co seu alto sentido do ritmo. Pero non con populares pasodobles, senon con valsas no máis exquisito estilo vienese. Nista ocasión, o mestre de ceremuñas escolleu “O Danubio Azul”.

Blaue Donau (Johann Strauss)

Dirixe á orquestra o mestre Xosé Troitiño (O Xusticieiro da Bicicleta).

(O mestre acércase ó atril e levanta a batuta)

 
PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU

PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU
 

PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU

PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU
                                                                                    

Máis rápido...

 
PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU

PA – RA – RA – RA – RA

PU-PU           PU-PU

 
PA – RA- RA – RA - RAAAA

PU-PU-PU-PU-PU


PA – PA - PAAAAAAAA

PU-PU-PU-PU-PU

PA - PA - PAAAAAA

PU-PU-PU-PU-PU

PA - PA - PAAAAAA

PU-PU-PU-PU-PU

                                                         PA PAAAAA               

PU-PU-PU-PU-PU

PA PAAAAA

PU-PU-PU-PU-PU

PA PAAAAA

PU-PU-PU-PU-PU

 
VENTO - VENTO - VENTO - VENTO - VENTO - VENTO –

VENTO - VENTO - VENTO - VENTO - VENTO – VEEEEEEN- TO – VEEEEEEN- TO - VEEEEEEEENTO - – TO –TO – TO – TOOOOOOO

PU-PU-PU-PU-PU-PU-PUUUUU

Unha aperta dende Palma e unha nova foto pra o “throw back Thursday”:



 

No comments:

Post a Comment