Veño de inscribi-lo meu libro no rexistro. "El Color de Mallorca".
Tuesday, 24 March 2015
Tuesday, 13 January 2015
CRASH COURSES
Curso intensivo de alemán A1.1
Una hora diaria de lunes a viernes: 9:00 h - 10:00 h
Duración: 1 mes.
Comienza el 2 de marzo de 2015
Precio: 100 €
Número máximo de plazas: 8
Plazas vacantes a 19.01.2015: 5
El curso cubre 1/4 del nivel completo A1. Todo el nivel A1 se estudia en 4 meses.
Cada curso mensual es independiente.
Al finalizar el nivel completo, el alumno entiende y sabe:
Utilizar expresiones cotidianas y frases básicas destinadas a necesidades concretas.
Presentarse a sí mismo y a otras personas
Formular y responder preguntas de información personal (dónde vive, cosas que tiene)
Interactuar de forma sencilla con una persona que hable lento, claro, y esté dispuesta a ayudarle.
Curso intensivo de inglés B1.1
Una hora diaria de lunes a viernes: 10:00 - 11:00 h
Duración: 1 mes.
Comienza el 2 de marzo de 2015
Precio: 100 €
Número máximo de plazas: 8
Plazas vacantes a 19.01.2015: 5
El curso cubre 1/6 del nivel completo B1. Todo el nivel B1 se estudia en 6 meses.
Requiere prueba de nivel.
Cada curso mensual es independiente.
Al finalizar el nivel completo, el alumno entiende y sabe:
Los puntos principales de una conversación clara sobre asuntos de trabajo, estudios, tiempo libre.
Cómo reaccionar ante diversas situaciones en una zona en la que se hable el idioma.
Introducir comentarios sencillos relacionados con temas conocidos o de interés personal.
Describir experiencias y hechos, sueños, ilusiones y ambiciones.
Explicar brevemente las razones de determinadas opiniones o intenciones.
Tuesday, 6 January 2015
O PODER DA FARMACIA
Pero qué bon xuízo o teu Antonio Ontiveros! Foi fai uns días, cando falaba
da miña carta ó Papá Noel:
“Non é preciso rexeita-las
avantaxes, pero cando tés dor só pensas en estar bo”.
Na noite do vintecinco unha otite fíxome lembra-lo que é
a dor e pra que sirven as menciñas. En canto o boticario puxo o medicamento na
miña man corrín a casa pra devora-lo coa ansiedade do maior adicto. Fiquei
dormida, enrolada en mantas e recuperando todo o sono que perdera na noite
anterior.
E cando despertei, a dor desaparecera. Tería bicado os
pés do que inventou os sedantes, e mesmo
a túnica noxenta do primeiro que triturou a fórmula nun almofariz.
A miña maior gratitude a todos aqueles que deixan as súas
horas e días na procura dun remedio contra a enfermidade. A miúdo, a avaricia
das grandes empresas farmacéuticas desmanga o seu traballo. Pero o negocio e a
vocación aínda son cousas distintas.
A BANDA DO XUSTICIEIRO
Hoxe remata unha hebdómada custosa.
Na séptima feira pasada fun a ensinar a Sa
Vileta na miña bici e o frío atravesoume o peito deica os meus pulmóns. O luns
xa tiña un arrefriado. Facía VINTE anos que non collía un. E así, co nariz
entupido, fun facendo fronte ás clases da semana.
Na derradeira lección do luns (unha
privada pra unha rapaza de quince anos), irrompiu o padrasto de vintesete anos,
propinando sutilezas e esixindo unha explicación porque a moza ainda non
aprobara ó inglés. O certo é que a mai da rapaza cambiouna de escola iste mesmo
ano, e o nivel de inglés da nova institución está dez veces por enriba da testa
da moza e de toda a sua familia. Agora, a nena precisa urxentemente de máis de
trescentas horas de clase pra poñerse ó día. En troques diso, a familia decidiu
“axuda-la” cunha hora de clase particular á semana. Fai máis dun mes que
informei disto á mai, quen prometeu estudia-lo tema. E velaiquí que, cando xa
parecía que o tema se esquencera, entra en acción o seu novo e ben feitiño segundo
marido.
Un coñecido ten o costume de cantarolar un
paso doble sempre que alguén intenta provocalo. E canto maior sexa o aldraxe,
máis fote cantarola. Estaba tan absorta lembrando o coñecido que o meu
pensamento bateu involuntariamente na porta da “Banda do Xusticieiro”: unha
banda composta por un trompeta, un violinista e un ex-reno de Papá Noel ó que
apousentaran fai anos por certos problemas intestinais que lle causaban unha
aerofaxia abraiante. Pudolf, o reno máis peideiro, goza agora da súa xubilación
musical mentres abraia ós fans da orquestra co seu alto sentido do ritmo. Pero
non con populares pasodobles, senon con valsas no máis exquisito estilo
vienese. Nista ocasión, o mestre de ceremuñas escolleu “O Danubio Azul”.
Blaue Donau (Johann Strauss)
Dirixe á orquestra o mestre Xosé Troitiño
(O Xusticieiro da Bicicleta).
(O mestre acércase ó atril e levanta a
batuta)
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
Máis rápido...
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
PA – RA – RA – RA – RA
PU-PU PU-PU
PA – RA- RA – RA -
RAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA – PA - PAAAAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA - PA - PAAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA - PA - PAAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA
PAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA PAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
PA PAAAAA
PU-PU-PU-PU-PU
VENTO - VENTO - VENTO -
VENTO - VENTO - VENTO –
VENTO - VENTO - VENTO -
VENTO - VENTO – VEEEEEEN- TO – VEEEEEEN- TO - VEEEEEEEENTO - – TO –TO – TO –
TOOOOOOO
PU-PU-PU-PU-PU-PU-PUUUUU
Unha aperta dende Palma e unha nova foto
pra o “throw back Thursday”:
CARTA Ó PAPÁ NOEL
Ós nenos lles amola repetir palabras. Por
iso, cando atopamos unha difícil, transformámola en contrasinal para a clase
seguinte. Apunto-lles ós ollos coa linterna que leva o meu bolígrafo (regalo do
Sr. Meyer durante a minha época en “Es Fangar”) e dígolles: “contrasinal pra o
próximo día”. E logo a palabra máis longa que podo lembrar nise intre: hot-air
balloon, rollerskating, fire engine.
Os nenos lles encanta. Tanto é así que
agora fagolles aprender inda frases enteiras, como: “I like oranges”, “fruit is
healthy” o “apples are crunchy”. A nosa contrasinal de hoxe é “a letter to
Santa”, xa que temos pensado escribir á versión rechoncha de San Nicolás de
Bari que se sacara da manga fai algún tempo certo refresco de cola.
O ambiente levou-me a
escribi-la miña propia carta. E non unha distas cartas tipo “Miss Universo” en
tempos de elección (pido pola paaaaaz do mundooooo), senon unha lista infantil
de peticións que deixe seco ó pozo dos desexos. Quero isto, e isto, e isto, e
isto, e isto...
É un pracer contar cos fondos do Banco
Europeo en tempos de bonanza, aínda que só sexa na carta ó Papa Noel. Postos a
pedir, inda pedín un helicóptero pra ir de cando en vez á península
De feito, sonhar e gratis. Por qué non
iamos facelo de cando en vez?
Unha aperta dende Palma.
UNHA CUNCA DE CHÁ
De pequenos estaba
prohibido. Daquela, os nenos non tomaban excitantes. Isto incluía ó chá, ó café
e todas isas bebidas de cola. Ós nenos Fanta de laxanxa – despóis chegaría a
“Mirinda”, mais non duraría moito-. O chá nin cheira-lo.
Nembargantes,
no verán chegaba a Tía Laura, e con ela o chá, as rosquinhas de café con leite
e os doces da “Violeta”. Preparaba un pote enorme e dabanos un pouco a cada
quen, servindo nas nosas cuncas direitamente da súa. Inda en pijama, subiamos
nun banquinho para acadar candansua cunca transparente. E fuxiamos segredamente
do carto da Tía Laura co chá na man.
Hoxe foi un día chuvioso. Un daqueles fríos típicos do norte. Cando vin a
choiva preferín deixa-la bicicleta e ir en metro pra poder levar un paraugas. Aínda
así, cando voltei à casa, a chuva caía a traverso dos meus tacóns. E foi entón
que, con ese sentimento de corpo engurrado polo frío, veu a ducha quente, a
toalla grande e o pantalón de flanela; unha manta, o pescozo envolto nun chal e
o cheiro de colonia.
Collín a cunca coas dúas mans, quentando a cara co cheiro da framboesa. E
sentei na miña cadeira favorita, escoitando RY X e disfrutando, unha vegada
máis, da tregua da casa. Que entre o martes a golpe de brevaxe.
Unha aperta dende Palma.
O MENDICANTE EXECUTIVO
Pois así é: ista mañá, cando andaba a
correr pra facer algunhas copias do material pra os meus alumnos, atopei-no
sentado na Praza de españa, contra as escaleiras mecánicas da estación do tren.
Co seu uniforme de traballo, unha cuberta enrrugada ó seu carón e co seu cartel
de publicidade: “sonche-un-probe-home-que-ten-5-fillos-fai-favor-de-me-alludar”.
E quixo a casualidade que o vira no
momento do “recreo”, nise intre no que os funcionarios toman as once: estaba a
fuma-lo seu cigarro e a falar de negocios co seu teléfono móbil de derradeira
xeneración. Inconscientemente votei unha ollada ós seus zapatos. E sí, eran
millores e máis novos que os meus.
A nosa sociedade fai negocio de calquera
cousa: mesmo do feito de envellecer. Calquera cousa vale: un experto en
marketing é capaz de disfrazar de amabel o máis detestabel. Abofé que isto é
facer virtude da necesidade.
A desfachatez non é cousa nova. Xa en
2004, cando aínda vivía en Frankfurt, un amigo díxome que isa mañá vira unha
furgoneta “descargando” os mendicantes de Konstablerwache e colocando-os, un
por un, nas súas posicións de “traballo” respeitivas. O seu testemuño explicaba
cómo persoas totalmente impedidas chegaban puntualmente cada día à mesma
posición e retirábanse en canto pechaban as tendas.
Non é preciso saír das nosas fronteiras.
Os que nalgún intre das nosas vidas tivemos a sorte de vivir en Madrid
escoitamos o mesmo discurso e a mesma selección musical de cada un dos “sen
teito” que viñeron a mendigar ó tren. Un discurso memorizado e acompañado dun
bo aparato de música, con altofalantes e “sound-in-a-band”.
E velaiquí que, que mesmo cando estaba a
reflectir sobor da profesionalización da mendicidade, aparez un dos máis asiduos.
Un home alto, fraco, de cabelo preto, duns cincuenta e poucos anos que sempre
anda a pedir unha “axudeta” de forma agresiva, intimidando e propiñando insultos a quen non lle da os cartos que pide.
-
Una axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha
axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha
axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha
axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda, unha
axuda, unha axuda, unha axuda, unha axuda...
E, lembrándome do héroe da bicicleta,
respondin-lle ca mesma moneda:
-
Axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a
min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min,
axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame a min, axúdame
a min, axúdame a min, axúdame a min...
Ó mendigo entroulle tremendo ataque de risa.
E, con isto de un biscoito, deica mañá ás oito.
Unha aperta dende Palma
Ó mendigo entroulle tremendo ataque de risa.
E, con isto de un biscoito, deica mañá ás oito.
Unha aperta dende Palma
Subscribe to:
Posts (Atom)


