Que si corrupción, que si economía. Algún deles chegou dicir que a clase
media estaba a pagar os costes da alta e mais da baixa. Vindo que o noso
companheiro non falaba, outro amigo de seu preguntou se iso tamén acontecía
noutros países.
O noso amigo comentoume máis tarde que a situación é bastante semellante en
todas partes. Está convencido de que os políticos xamais van resolver ren
porque non son eles os que mandan. Coida que, quen manda e dispón é abofé o un
por cento de población que ten o 99% de los recursos mondiais. Un por cento
case anónimo que, o contrario que Belén Esteban, non ven todos os días a ferirnos
co látigo das suas catastróficas operacións de cirurxía estética. É o goberno
da minoría o que fai que a situación continúa sendo a mesma, calquera que sexa a cor do goberno no poder.
Unha clase media que financia á sociedade,
dis? – comentaba o noso amigo – Pero, que entendes tí por clase media? Seica os
mileuristas son clase media? Coidas que é o mismo ser de clase media que ganhar
o que ganha a media? E, quen coidas tí que son os probes? Seica os probes son
os que se sentan a pedir à porta do Mercadona? Coidas que son esas mulleres do
pano na testa e o acento dalgún país do leste, ás que “descarga” cada día unha
furgoneta nas avenidas?
Vivimos anestesiados polo traballo e o noso berce son a televisión e máis o
ordenhador. Si Carlos Marx erguese a testa probablemente diría que o Twitter é
o opio do pobo. En todas partes hai narguiles pra distraer o sufrimento.
O meu amigo ten a certeza de que os problemas de hoxe en día so poden ser
resoltos cunha revolución... nembargantes confesa que a idea dunha revolución
dalle preguiza e que, cando chega a casa despóis dun día de traballo, a única
revolución que quere é a que monta na sua cocinha pra imitar a Carlos
Arguiñano.
Qué lle imos facer? A rebeldía adoitaba ser cousa adolescente, e os xovenes
dagora xa non se rebelan. Excepto cando se lles quita o Whatsapp.
No comments:
Post a Comment