Sunday, 29 March 2015

CAMARADAS AMABEIS

Onte foi un día de retos. O maior deles, ser testemuña de cómo varias compañeiras da academia tentaban facer mobbing á unha terceira. A principal agresora (unha muller duns sesenta anos, co cabelo gris e o corpo tardo) achegouse de fronte para a vítima, ca testa ladeada e repetindo unha e outra vez:
                                       

-          Hello! Bye-bye!... Hello! Bye-bye!... Hello! Bye-bye!... Hello! Bye-bye!...

A muller tiña un pequeno grupo de apoio, formado por outras dúas. E, de súpeto, unha delas berroulle á agredida: “Speak more nice ladyyyyyyyy...”

Chamoume a atención o comportamento adolescente de mulleres tan maduras. Seica o contacto regular cos adolescentes ten relación con somellante conduta xuvenil. Seica as doncelas coidaron que voltar ó proceder da pre-pubertade podería face-lo efeito dun lifting sin ter que pagar cartos. Velaiquí que, desafortunadamente, se queres eliminar engurras tés que estar disposto a pagar o ácido hialurónico.  Xa que, por desgraza para o coquetismo das mulleres, un comportamento adolescente xamais nos regresará un rostro suave, nin un cabelo fabuloso nin unha mirada relucente. Nin a falta de madurez poderá limpa-las nosas arterias do exceso de colesterol.

Chamei á unha amiga colombiana, unha boa persoa con moito ritmo, e invitamos á protagonista da historia a vir connosco. Estaban a televisa- lo futbol e os cafés estaban cheos. Rimos e falamos sobor de todo e de ren. Especialmente sobor de ren que tivese que ver cas amabeis compañeiras. E, xa de volta en casa, sen bicicleta, a miña amiga deume un cabalete e un cadro dun repolo, aínda sen rematar, que eu deixara na sua casa na miña derradeira xira por Hamburgo. Qué bo é ter amigos que nos fagan esquencer a soidade dos errados.

Como diría un paisano: que vivan os faladores, que cada día nos fan máis famosos”